Tímpanos medievais da Galiza: Santiago de Requeixo

Santiago de Requeixo ten pouco máis dun cento de habitantes. É unha terra de matogueira, carballeiras e regatos que acolle o templo coa advocación do santo festexado en 25 de xullo, quizás unha cristianización do Lugnasad celta. Cantas parroquias, case 300 en Galiza, teñen esta advocación! Interésanos este templo de orixe románica polo enigmático tímpano que hoxe se atopa desprazado do seu posto primitivo. No Requeixo, como en tantas outras parroquias do pé da serra do Faro, entre o Deza e o Miño, abundan as igrexas románicas.
Tímpano reutilizado no muro sur. (Foto: José Antonio Gil Martínez / CC BY 2.0)
photo_camera Tímpano reutilizado no muro sur. (Foto: José Antonio Gil Martínez / CC BY 2.0)
O tímpano de Santiago de Requeixo (Chantada) está ben próximo a Monte Faro, apenas tres km en liña recta. O propio xograr Xoán de Requeixo, nado na parroquia, deixounos constancia desta…
 
Debes estar rexistrado para ler este contido
star
Poderás rexistrarte co teu correo. É rápido e gratis.
Precisa axuda? Envíanos un correo electrónico a [email protected].
Comentarios