The Guardian: “O pasaporte poderá ser español, mais Manolo Rivas é galego”

O prestixioso xornal británico louva a última obra de O´Rivas traducida ao inglés, 'All is Silence' (Todo é silencio). De paso, fala aos seus lectores e lectoras da “Terra dos Gaélicos” que existe no extremo noroeste da Península

Manuel Rivas
photo_camera Manuel Rivas

Manolo Rivas é un dos escritores galegos máis traducidos e recoñecidos fóra. Un prestixio gañado a base de talento, traballo e, tamén, humildade. Non é doado que un xornal como The Guardian adique louvanzas a escritores de linguas minoritarias. Mais faino con Rivas e coa súa reseña de “All Is Silence” (Todo é silencio).

The Guardian resume e afirma que, “para os lectores do mundo anglosaxón, a comparación obvia é con Irlanda, ata a historia da fame e da emigración”

Aliás, e alén de falar da obra dde O´Rivas, tamén fala do seu país, de Galiza, aínda que para iso caia en estereotipos e mitos. Mais, polo menos, non son os estereotipos e mitos pexorativos ou prexudicais para cos e coas galegas. Todo o contrario.

“A comparación con Irlanda é obvia, ata na emigración”

O xornal afirma xa no inicio da reportaxe que “O pasaporte pode ser español, pero Manuel Rivas é de Galiza”, á que cualifica de “Terra dos gaélicos no extremo noroeste de España”.

Na descrición describe “unha costa atlántica intricada”, cun, “clima frío e húmido”. Para The Guardian, Galiza é un “país robusto mais exuberante e verde”, cun pasado de seu e “cultura celta”.

The Guardian resume e afirma que, “para os lectores do mundo anglosaxón, a comparación obvia é con Irlanda, ata a historia da fame e da emigración”.

Rivas: conquistar o mundo con historias mergulladas en Galiza

Fala a noticia tamén de lirismo, saudade, melancolía d@s galeg@s. “Rivas, que escribe en galego, é un incansábel promotor da súa terra natal. Novelas como O lapis do carpinteiro e Os libros arden mal, e A lingua das Bolboretas mergúllanse na cultura galega e enganchan ao público internacional”.

Comentarios