Sés e Ugia Pedreira, xuntas en feminino

Con grande atención estase a agardar o concerto que a sexta feira 12 de de setembro darán Ugia Pedreira e Sés en Ribadeo, cuarto edición de Músicas e Letras en Feminino organizado polo Observatorio da Mariña pola Igualdade. Será unha das últimas ocasións de ver a Ugia no escenario antes da súa anunciada retirada. 

Ugia e Sés
photo_camera Ugia e Sés

Tanta é a expectación que está a levantar o concerto de Sés e Ugia Pedreira que se presenta como cuarta edición de Músicas e Letras en Feminino que o Observatorio da Mariña pola Igualdade decidiu facer reserva de entrada só a través do seu mail  [email protected]. O prezo do bono-axuda-entrada é de 5 euros e a reserva está aberta até a propia sexta feira ás 12 horas. Unha hora antes do concerto poderanse adquirir na propia billeteira. 

O IV Concerto de Músicas e Letras en Feminino xunta en Ribadeo, no Cine-Teatro, dúas das máis consolidadas voces do panorama musical galego, a de Ugia Pedreira mais e a de Sés, que xa subiron xuntas ao escenario no espectáculo colectivo promovido pola primeira na Coruña e titulado “Desaramar”.  Desta volta, será unha das últimas ocasións nas que Ugia Pedreira, natural da Mariña, suba ao escenario a cantar antes da súa anunciada despedida que se producirá despois do o verán. 

Tanto Ugia como Sés participaron xa en anteriores edicións de Músicas e Letras en Feminino mais desta volta souben xuntas nunha noite na que se incluirá no programa un recital poético a cargo de alumnas do IES Dionisio Gamallo Fierros de Ribadeo que lerán poemas de autoras galegas e moi especialmente da Mariña. 
  
O obxectivo do Observatorio da Mariña pola Igualdade é “valorar e visibilizar a creación artística das nosas mulleres”, segundo sinalan da presentación desta iniciativa que definen como evento cultural feminista de referencia.

Comentarios