Sés propón “Desaramar”, para cortar arames de inxustiza coa música

Contra as inxustizas, para cortar arames, Sés promove “Desaramar”, un proxecto no que participan Tereixa Novo, Martín Sanjurjo , Mercedes Peón, Luís Tosar, Piti Sanz, Ugia Pedreira, Leo Arremecághona e Carlos Blanco.

Sés
photo_camera Sés

Desaramar. Música para facer mundos, Música para cortar arames” é o título do proxecto que promove Mª Xosé Silvar, Sés, e que se estreará o próximo 7 de marzo no Centro Ágora da Coruña. Sés ponse á fronte dunha iniciativa que quere, a través da música, difundir unha mensaxe de xustiza, para erradicar “a violencia contra as mulleres, ou contra a diferenza en xeral, educando na igualdade e facendo arte na igualdade”. 

O espectáculo musical terá o repertorio de Sés como protagonista e sumará tamén temas alleos que participen da idea dun mundo máis xusto, coa idea de que tamén desde os escenarios se pode contribuír a un novo tempo sen violencia. Convida, con este fin, a “mulleres e homes feministas” e rodéase no proxecto de Tereixa Novo, Martín Sanjurjo, Mercedes Peón, Luis Tosar, Piti Sanz, Ugia Pedreira, Leo Arremecághona e Carlos Blanco.

Comentarios