mércores 19/05/21
Serie

A serie 'Auga Seca' chega ás nosas pantallas

A serie estréase o domingo 2 de febreiro na TVG, cun pase previo esta cuarta 29 de xaneiro en Vigo.
Poster 'Auga Seca'
Poster 'Auga Seca'

A serie Auga Seca estréase este domingo 2 de febreiro no prime time da TVG. A coprodución galego-portuguesa chega ás nosas pantallas após comezar a emisión o pasado 17 de xaneiro na televisión pública do país veciño (RTP).

Na cuarta 29 de xaneiro presentouse na sede Afundación de Vigo, cun pase do primeiro episodio. Este proxecto enmárcase dentro do acordo estratéxico de TVG e RTP que, ao abeiro da Lei Paz Andrade, procura o fomento desta sorte de traballos conxuntos. O obxectivo marcado é unha produción por ano, sumándose esta serie a outras anteriores como Vidago Palace e Verão M, ou programas como Camiños de irmandade.

Entre Lisboa e Vigo

As produtoras Portocabo e SP-i traen un drama policial ambientado no universo do tráfico de armas, en conexión co mundo empresarial, que se move entre Vigo e Lisboa. A actriz portuguesa Vitoria Guerra interpreta Teresa, a protagonista, traballando de man cos galegos Monti Castiñeiras e Sergio Pazos. A diferenza de Vidago Palace, que na súa emisión na Galiza foi dobrada ao galego, Auga Seca preséntase en versión orixinal, se ben a maioría do texto está na nosa lingua.

comentarios