O rock progresivo dos setenta de N.H.U recibirá o Premio Honorífico da Música

Tino Grandío, Xoán Piñón, Cuchús Pimentel ou Emilio Cao son algúns dos membros do grupos de rock progresivo dos anos setenta en Compostela, N. H. U. que será recoñecido co Premio Honorífico da Música. 

N.H.U.
photo_camera N.H.U.

José Ferreiro -batería, voz e frauta traveseira- , Roberto Abal na guitarra, Xoán Piñón a guitarra eléctrica, Julio Ferreiro na percusión, Tino Grandío no baixo, Cuchús Pimentel na guitarra, Emilio Cao ao baixo, Antonio Bretch na guitarra eléctrica e  Xurxo Pérez como organista compoñen a nómina dos integrantes da banda de rock progresivo dos anos setenta en Compostela que recibirá o Premio Honorífico da Música na súa segunda edición. 

Músicos ao Vigo, organizadores da convocatoria, deciden recoñecer o papel de N.H.U. por se tratar dun “proxecto musical avanzado ao seu tempo, aglutinador dunha xeración de músicos inquedos, inconformistas e entregados a un proxecto minoritario, underground e carente de referentes próximos”.  Valoran tamén “a valentía, a ousadía e a fe dun grupo galego que trazou novas formas de facer música nunha Galicia recén saída da ditadura franquista”. 

350 proxectos na segunda edición

Con só un disco gravado en galego, N. H. U.  Ten unha historia breve aínda que boa parte dos seus compoñentes desenvolveran unha longa traxectoria en diversas desde a música, a investigación e produción musical ou mesmo a fotografía e a pintura. 

Máis de 350 proxectos musicais avalan a consolidación dos Premio Martín Códax da Música nesta segunda edición. 304 grupos, 13 salas, 1 festivais e 18 medios de comunicación inscribíronse para partillar nesta primeira fase da segunda edición dos Premios Martín Códax da Música. Comeza agora a fase de votación na que,d es de hoxe a ate o 16 de novembro se elixirán os nomes dos 3 finalistas de cada unha das 15 categorías musicais, e outros 3 nomeados por cada un dos 3 Premios Organistrum, que se conceden a salas, festivas e espazos de comunicación musical. O 26 de novembro coñeceranse os nomes de finalistas no marco dunha festa nas Bodegas Martín Códax. 

Comentarios