O FESTIVAL DE LINGUAS MINORIZADAS SERÁ EN UDINE, NO FRIUL

O pop atemporal de Espiño representa Galiza no Suns Europe

O certame, dedicado ás “artes escénicas en linguas minoritarias”, celebrarase en Udine, no Friul, entre o 29 de novembro e 2 de decembro.

alfonso espiño imaxe Cidade da Cultura
photo_camera Imaxe: El Puerro Produccións

Alfonso Espiño (Santiago de Compostela, 1976) representa Galiza na final do Suns Europe, o Festival Europeo de Artes Escénicas en Linguas Minoritarias que inclúe un concurso da canción e que terá lugar do 29 de novembro ao 2 de decembro en Udine, no Friul. Espiño ten unha ampla traxectoria en grupos como Constrastes, Los Chavales ou Mega Purple Sex Toy Kit.

Agora, como Espiño, factyura un pop atempotral, no que o clásico convive co folk-rock, a piscodelia xoga co rock progresivo… todo elo para configurar unha proposta luminosa e en galego. En edición anteriores, Galiza estivo representada no Suns Europe por Caxade, Familia Caamagno ou Esposa.

O Suns Europe substitúe ao Liet International que se organizaba desde 2002 en Frisia (Holanda). Por aquel festival pasaron diferentes formacións galegas, como Uxía, Fran Pérez 'Narf', ou Mafia Galega. Nesta nova xeira defínese como o Festival Europeo de Artes Escénicas en Linguas Minoritarias e acolle diversas actividades en Udine (Friuli), entre a que destaca este concurso de canción moderna. Está aberto a todas as minorías lingüísticas tal e como se definen na Carta Europea de Linguas Minoritarias. 

Suns Europe non só é unha competición musical, tamén lle dá cabida a outras expresións culturais como o cinema ou a literatura, e elixe as mellores producións en linguas minoritarias do continente. 

Comentarios