venres 03/12/21

O Apóstolo opta a mellor filme de animación nos Premios Goya

A película O Apóstolo optará a mellor filme de animación nos Premios Goya que cada ano outorga a Academia de las Artes y las Ciencias Cinematográficas de España. O día 17 de febreiro saberase se o filme dirixido por Fernando Cortizo e producido por Artefacto resulta vencedora entre as catro finalistas.
Apóstolo2
Apóstolo2

O Apóstolo é unha das catro finalistas que optan á Mellor Filme de Animación na festa anual da Academia Española de cine, en competición con Tadeo Jones -producida por Mediaset e cun grande apoio do grupo mediático-, El corazón del roble e The wish fish.

Carlos Blanco, Luis Tosar, Celso Bugallo, Isabel Blanco, Jose Manuel Olveira ‘Pico’, Geraldine Chaplin, Jorge Sanz e Paul Naschy poñen as voces da película dirixida polo compostelán Fernando Cortizo e son en boa parte modelos dos personaxes de animación do filme.

O Apóstolo, a primera longametraxe en Europa realizada en animación stop-motion estereoscópica ,obtivo xa o primeiro premio no 11º Festival de Cinehorizontes de Marsella. Foi tamén a primeira película de animación que competiu nan sección oficial do Festival Internacional de cine de Moscú e recibiu, ademais, o Primeiro Premio no Festival EXPOTOONs de Bos Aires, o festival de animación máis importante de Latinoamérica.

A información galega está na túa man!

Subscríbete ao noso boletín de novas.

Date de alta de balde e recibirás unha selección dos nosos artigos para saberes o que acontece.

O Apóstolo opta a mellor filme de animación nos Premios Goya
comentarios