O Apóstolo, Premio á mellor longametraxe no 11º Festival de Marsella

O traballo de Fernando Cortizo recibe outro galardón internacional. A película pode verse nos cines comerciais de Galiza e o Estado español.

O traballo de catro anos de realización comezan a dar os seus primeiros resultados. A longametraxe galega O Apóstolo, a primera en Europa realizada en animación stop-motion estereoscópica, obtivo un novo recoñecemento internacional, neste caso foi o primeiro premio no 11º Festival de Cinehorizontes de Marsella. A película conta coa interpretación de actrices e actores como Carlos Blanco, Luis Tosar, Celso Bugallo, Isabel Blanco, Jose Manuel Olveira ‘Pico’ (recente Premio da Crítica 2012), Geraldine Chaplin, Jorge Sanz e Paul Naschy.

Non é o primeiro galardón que acada esta película galega que xa se pode ver nos cines comerciais. Participou o pasado mes de xuño no Festival Internacional de cine de Moscú el pasado mes de junio, a primeira vez que este festival seleccionaba unha película de animación en Sección Oficial a competición. Recibiu, ademais, o Primeiro Premio no Festival EXPOTOONs de Bos Aires, o festival de animación máis importante de Latinoamérica.

Máis en Arte imaxe patrimonio
Comentarios