Unha campaña solicita mellor distribución para 'O Apóstolo'

Unha campaña de sinaturas solicita ás grandes cadeas YELMO, CINESA, KINEPOLIS e CINEBOX que programen esta película galega. O director denunciou que tiña un contrato para 80 salas e a distribuidora facilitou só 25 en todo o Estado español.

'O Apóstolo', a primeira película de animación stop-motion estereoscópica realizada en Europa, ten serios problemas de distribución. Fernando Cortizo, o director, denunciara hai uns días que a distribuidora incumprira o contrato cando tiñan preparado todo para a súa estrea en 80 salas. Despois de preparar unha gran campaña de promoción coincidindo coa noite do 31 de outubro na maior parte de cidades do Estado español a película chegou só a 25 salas.

Agora xurdiu unha iniciativa na rede para exixir ás grandes cadeas (YELMO, CINESA, KINEPOLIS e CINEBOX) que faciliten o acceso ao público a esta película que xa triunfou en varios festivais internacionais. A petición de sinaturas pódese ver aquí.

Máis en Arte imaxe patrimonio
Comentarios