Novas maridaxes musicais para a quinta edición de “Os Xoves de Códax”

A marca de viño con nome de poeta medieval volve presentarnos a súa programación musical, que combina músicos galegos e de fóra. Por exemplo, un concerto de Uxía e Javier Ruibal, pero hai moitos máis...

codax
photo_camera Presentación do programa con algúns dos artistas: Wöyza, Eladio y los Seres Queridos, Silvia Penide e Uxía.

Un verán máis as adegas Martín Códax traen o seu ciclo de concertos que reúne a artistas galegos, moitos deles fusionados con outros do panorama estatal. Nesta quinta edición de “Os Xoves de Códax haberá oito concertos, un cada quinta feira dos meses de xullo e agosto, que terán lugar na terraza da adega.

O 7 de xullo ábrese a programación co grupo vogal de moda en Galiza, De Vacas, e o 14 será a quenda da rapeira viguesa Woyza. As fusións comezarán o 21 de xullo con Amparo Sánchez (Amparanoia) e Ico (O Sonoro Maxín); continuarán o 28 con Sole Giménez e Teo Cardalda; e rematarán co último concerto (25 de agosto), con Uxía e o cantautor Javier Ruibal. Os outros concertos son dos vigueses Eladio y Los Seres Queridos (4 de agosto), a coruñesa Silvia Penide (11 de agosto) e Josemi Carmona e Tacón Gitano traerannos do mellor flamenco o 18 do mesmo mes. 
 

Comentarios