O Noia Harp Fest chega á súa décima edición homenaxeando Emilio Cao

As arpistas Elisabeth Cerra e Claudia Besné únense ao cartel deste ano, que conta con Laoise Kelly, The Pozzies, Müsgo, SondeSeu, Dilles Chabenat, Daniela Heiderich, Beatriz Cortesão e a Real Filharmonía de Galicia
SonDeSeu estreará suites de Anxo Pintos e Rodrigo Romaní.
photo_camera SonDeSeu estreará suites de Anxo Pintos e Rodrigo Romaní.

O Festival Internacional de Arpa Vila de Noia, Noia Harp Fest, chega a súa décima edición o vindeiro mes de agosto, e faino rendendo homenaxe ao pioneiro en introducir o instrumento na música do país: Emilio Cao. O director do Festival, Rodrigo Romaní, e o concelleiro de Cultura e Turismo da localidade, José Pérez, presentaron onte o programa completo da iniciativa, que suma dúas novas arpistas ao seu cartel, Elisabeth Cerra e Claudia Besné, e afianza o seu compromiso coa proxección e divulgación do instrumento a través dunha xornada de encontro entre o alumnado das escolas de arpa de Galiza. 

O Noia Harp Fest pon o foco na arpa, situándoa como única protagonista. No seu cartel conflúen desde hai unha década agrupacións e solistas de estilos moi diversos, procedentes tanto do ámbito galego ou estatal como do internacional, mais todas elas unidas por un fío común: a interpretación musical a través da arpa. Esta diversidade explicítase tamén na vertente cultural, social e divulgativa do evento, pois no festival -alén do acceso gratuíto para o público- teñen cabida tanto as persoas amadoras ou que se están a iniciar na práctica do instrumento, como é o caso do alumnado de arpa das escolas de Galiza, como aquelas cunha ampla ou recoñecida traxectoria. É o caso de Beatriz Cortesão, e mesmo doutras voces que experimentan co instrumento desde unha vertente máis experimental, como a catalá Müsgo. 

Precisamente Cortesão será a solista da estrea mundial de Hibrys, a gañadora da primeira convocatoria do Premio Portus Apostoli e que interpretará a Real Filharmonía de Galiza. 

Ademais desta estrea, o Noia Harp Fest tamén acollerá a presentación pública das suites Micelio, de Anxo Pintos, e que contará coa violinista Begoña Riobó, e Escumas Atlánticas, de Rodrigo Romaní, na que participarán Laoise Kelly, Mary Macmaster e Beatriz Martínez. Ambas pezas serán interpretadas por SonDeSeu.

 

Tradición e innovación 

Outras figuras de primeira liña estarán presentes en Noia: a irlandesa Laoise Kelly, pioneira nun novo estilo de conducción da arpa instrumental e recoñecida pola crítica polos seus traballos en solitario. O dúo franco-alemán conformado por Gilles Chabenat e Daniela Heiderich interpretará un repertorio que incluirá composicións propias e músicas tradicionais francesas e alemás. E The Poozies será unha das grandes sensacións do festival pola súa gran colección de temas e melodías groovy

 


 

Comentarios