Crítica de rock e outras lerias

Nashville Pussy: Ten years of Pussy

NAshville Pussy
photo_camera Nashville Pussy

Nashville Pussy, unha das bandas con un dos directos máis potentes e electricos do momento, está inmerso nunha xira  mundial presentando Ten Years of Pussy,  un dobre CD que fai unha compilación dos seu mellores temas en formato de estudo, no que colaboran artistas como Lemmy e Danko Jones,  ademáis de seis temas gravados en directo en Nottingham, no que achamos a colaboración de Ron Heathman.

Non son quen de falar de discos compilatorios, mais neste caso quero collelo como escusa para falar desta banda, formada por Blaine Cartwright e Ruyter Suys, únicos  membros fixos da banda, móvense entre o hard rock setenteteiro, o heavy metal e o cowpunk.  Se collemos a AC/DC, Motorhead, Ramones, collemos un pouco de country, botámoslle unha xenerosa cantidade de Jack Daniels, e o aderecemos con letras gamberras, divertidas e provocadoras, temos  a esta banda de Atlanta.

Ao longo da escoita dos traballos, nótase como os solos de guitarra son unha das marcas da casa. Non en van Ruyter Suys, é unha das mellores guitarristas solistas femininas do panorama actual, e podería atreverme a dicir que ela enche o  escenario coa súa forza, sen desmerecer a técnica vocal e interpretativa de Blaine, sempre disposto a dalo todo no escenario.

Desde disco podemos ver paso a paso a evolución da banda, dende o “Go, Mother Fucker”, do seu primeiro disco Let Them Eat Pussy,  até o Up The Dosage , editado en 2014 e que sen dúbida é o seu mellor traballo até o momento, como himnos como “Rub it to dead”  ou o propio “Up the dosage”, sen esquecer clásicos como “Pussy Time”, “Come on, Come on” ou “Good Night For a Heart Attack”.  Un total 22 temas no que encontramos parte do mellor da banda, aínda que faltan temas. Para min, o mellor deste disco é que se trata  dunha escusa para (re)descubrir a esta banda e navegar despois pola súa discografía na procura de novas doses desta droga chamada Nashville Pussy.

Nashville Pussy nas redes

WEB: http://www.nashvillepussy.com

Facebook: https://www.facebook.com/NSPSY/

Twitter: @nashville_pussy

Listaxe de Temas

CD1

Come On Come On
Rub It To Death
I'm So High (with Danko Jones)
Going Down Swinging
Before The Drugs Wear Off
Hate And Whisky
The South's Too Fat To Rise Again
Pussy Time
Til The Meat Falls Off The Bone
Pillbilly
Why Why Why
Up The Dosage
Lazy Jesus (with Lemmy)
Ain't Your Business
Good Night For A Heart Attack
Stone Cold Down

CD2 - Bonus 'Live In Nottingham'
One Way Down
Nutbush City Limits (with Ron Heathman)
Struttin Cock
Late Great USA
Go Motherfucker Go
You're Goin Down

Comentarios