‘O Menhir de Ouro’ de Asterix, para escoitar en galego

Os actores Xerardo Couto (Astérix), Tacho González (Obélix) e Antón Rubal (Aseguracenturix) poñen voz aos habitantes da aldea gala máis famosa do mundo.

 

O menhir de ouro astirix e obelix
photo_camera Un fragmento da capa de 'O Menhir de Ouro'

O Menhir de Ouro foi publicado en 1967 como libro-disco, e é case imposíbel de atopar hoxe en día.  Desde Xerais informan que “agora, grazas a unha posta ao día e unha calibración das cores fiel ao acabado orixinal, déronlle a O Menhir de Ouro un baño remocicador capaz de atraer tanto a fans de sempre como a novas xeracións”.

Mais esta non é a única nova en relación a este clásico de Asterix e Obelix.  “Para completar a experiencia e permitirlle aos fans das distintas xeracións vivir esta aventura tal e como a imaxinaron os seus creadores, realizouse unha nova gravación de audio de gran calidade para esta edición e que conta con voces excepcionais, música orixinal e efectos sonoros feitos á medida”.

O elenco de actores está fotrmado por  Xerardo Couto (Asterix),  Tacho González (Obelix), Antón Rubal (Aseguracenturix), Montse Davila  (Presentadora) e Gonzalo Faílde (resto de personaxes).

‘O menhir de Ouro está traducido por Xavier Senín, Isabel Soto e Alejandro Tobar.

As aventuras de  Astérix e  Obélix e os seus compañeiros na aldea gala, nadas do enxeño e as cores de Goscinny e Uderzo, deron lugar a 38 álbums, dos que se venderon 380 millóns de exemplares en 111 linguas, entre elas o galego.

O primeiro volumen de Astérix que foi traducido editouse en 1976 baixo o selo Mas-Ivars, e tratouse de A loita dos xefes, ao que sucederon Astérix e os Normandos, Astérix Lexionario e Astérix e Cleopatra. Como dato curioso, esta primeira tanda de albumes foron traducidos á nosa lingua por Eduardo Blanco Amor baixo o pseudónimo de Juan Blanco Amor pouco antes do seu pasamento.

Desde 2013 é a Editorial Xerais quen edita uns cómics de Astérix e Obélix, que non obstante, levaban desde 2011 sen ser responsabilidade de Uderzo.

Comentarios