Manuel Rivas recibe a Medalla de Ouro ao mérito en Belas Artes

Manuel Rivas, nado na Coruña no ano 1957, conta cunha ampla traxectoria no ámbito das letras. Deuse a coñecer a través da revista Loia, da cal foi cofundador e onde saíron publicados os seus primeiros escritos alá polo ano 1977.
Manuel Rivas (no centro) nunha presentación dun dos seus libros (Foto: Europa Press).
photo_camera Manuel Rivas (no centro) nunha presentación dun dos seus libros (Foto: Europa Press).

O Consello de Ministras e Ministros aprobou esta terza feira a concesión dun total de 33 Medallas de Ouro ao Mérito nas Belas Artes correspondentes ao ano 2022, entre cuxos galardoados se inclúe o escritor galego Manuel Rivas.

Ademais, foron galardoadas a escritora Rosa Montero, o músico Santiago Auserón, o actor Javier Cámara, o pintor Augusto Ferrer-Dalmau, a cantante Concha Buika, o produtor musical Jesús López ou a cociñeira María José San Román.

Ampla traxectoria

Manuel Rivas, nado na Coruña no ano 1957, conta cunha ampla traxectoria no ámbito das letras. Deuse a coñecer a través da revista Loia, da cal foi cofundador e onde saíron publicados os seus primeiros escritos alá polo ano 1977.

Rivas é tamén cofundador da revista Luzes

O seu primeiro libro, de poemas, foi publicado dous anos despois.

Alén do galardón que vén de recibir, conta cunha serie de premios entre os que se atopan o Premio de Poesía Nova de O Facho, o primeiro que obtivo, e tamén o Premio Nacional de Narrativa pola obra Que me queres, amor?

Algunhas das súas obras foron levadas á pantalla grande, como A lingua das bolboretas, O lapis do carpinteiro e Todo é silencio nos anos 1999, 2004 e 2012 respectivamente.

Por todos os seus méritos literarios e a súa contribución á lingua e literatura galega é membro da Real Academia Galega desde decembro do ano 2009.

Comentarios