Máis de 9.500 persoas asistiron ás proxeccións da 28º edición do OUFF

'O corno' de Jaione Camborda foi a protagonista do cinema galego.
Fotograma de 'O corno'. (Foto: Esnatu Zinema)
photo_camera Fotograma de 'O corno'. (Foto: Esnatu Zinema)

O Ourense Film Festival (OUFF) remata a súa 28º edición coa constatación do éxito do festival e a implicación da cidadanía ourensá. Máis de 9.500 espectadores gozaron dalgunha das 105 proxeccións que se realizaron dende o 29 de setembro até o 8 de outubro. Pasaron polas 6 salas de cinema un total de 72 películas de 18 países. "Conseguimos a mellor edición deste equipo e a máis relevante de toda a historia do festival", constatou o director do festival, Miguel Anxo Fernández

Nunha rolda de prensa celebrada onte o equipo do festival deu conta dos primeiros resultados e conclusións desta edición. Miguel Anxo Fernández, director, e Aurelio Gómez, coordinador, acompañados de César Fernández Gil, vicepresidente segundo da Deputación de Ourense, trasladaron aos medios de comunicación o balance dunha edición que consideraron de éxito. 

 

1000 espectadores diarios 

O programa presentado polo equipo do OUFF executouse ao 100% cunha "gran participación o público en todas as actividades", destacou o director do festival. Proxectáronse 72 filmes, contando as curtas, en 105 proxeccións nas salas repartidas nos cines Ponte Vella, o Teatro Principal e o Auditorio de Ourense. 9.548 pasaron por estas salas, unha media de 1.000 espectadores diarios. 

A película que recibiu máis espectadores foi Un Amor, de Isabel Coixet. 

Miguel Anxo Fernández tamén puxo en valor o papel do OUFF no panorama audiovisual galego: "Queremos ser a porta de saída e entrada para o audiovisual galego", declarou. En primeiro lugar mediante a incorporación a concurso da sección Panorama Galicia, na que O Corno de Jaione Camborda foi protagonista. 

Comentarios