Aki Kaurismäki consegue o premio á Mellor Película do OUFF

A Academia Galega do Audiovisual deu a coñecer as persoas gañadoras dos Premios María Luz Morales.
'Fallen leaves' de Aki Kaurismäki.
photo_camera 'Fallen leaves' de Aki Kaurismäki.

A Calpurnia á Mellor Película, o premio grande do OUFF (Ourense Film Festival), foi para Fallen Leaves, de Aki Kaurismäki. Sobre o encontro en Helsinki entre unha traballadora de supermercado e un home alcohólico ciméntase a última película do director finés -e veciño a metade do ano de Castro Laboreiro (Portugal)- Aki Kaurismäki, que asina co seu máis puro estilo unha nova comedia dramática. 

La Memoria Infinita, de Maite Alberdi, é un dos catro documentais da Sección Oficial Internacional, destacada polo xurado cos galardóns de Premio Carlos Velo á mellor Dirección e o Premio Especial do Xurado. Un documental ao redor do alzheimer que consagra a Alberdi como unha das cineastas documentais máis interesantes e sensíbeis do momento. 

O Premio á Mellor Guion foi para Fancy Dance (Erica Tremblay e Miciana Alise), unha película ao redor dun nativo americano que secuestra a súa neta co obxectivo de manter o legado cultural e familiar. A actriz Lily Gladstone foi recoñecida co Premio á Mellor Interpretación por este filme, que comparte cunha mención especial para Lío Mehiel, por Mutt. Celine Song, recibe nesta categoría, Mellor Guion, unha mención especial polo seu debut Past Lives. Recoñecida no ámbito teatral estadounidense, Song asina a súa primera longametraxe sobre o reencontro de dous amigos da infancia. 

O xurado tamén acordou otorgar unha mención especial á Mellor Fotografía a Ernesto Pardo por El Eco "por rexistrar con sensibilidade o cotiá dunha vila no México profundo". 

Premios María Luz Morales 

Pola súa parte, a Academia Galega do Audiovisual concedeu os Premios María Luz Morales Na categoría de Mellor ensaio escrito sobre o audiovisual galego a obra gañadora foi O campo de atrás: paisaxes rururbanas no cinema galego, de Iván Villarmea Álvarez; o galardón ao Mellor ensaio escrito sobre audiovisual internacional foi para Glitch: A arte do accidente. Ontoloxía e evolución, de Manuel Iglesias Vila. O xurado recoñeceu como Mellor videoensaio sobre o audiovisual galego o traballo Os espazos do cinema de Miguel Casaseca; como Mellor videoensaio sobre audiovisual internacional foi Almodóvar roda sobre rodas, de Juan Ares. 

Comentarios