Lugo homenaxeará Castelao cunha estatua polo 100 aniversario da revista Nós

Rubén Arroxo, tentente de alcalde: “Lugo aínda non rendera este tipo de homenaxes a unha figura tan importante da historia de Galiza”

Rubén Arroxo (1)
photo_camera Rubén Arroxo.

O tenente de alcalde, Rubén Arroxo, informou de que a xunta de Goberno do Concello de Lugo aprobou iniciar o procedemento de compra dunha estatua coa que render homenaxe á figura de Castelao no 100 aniversario da revista Nós. Segundo indicou Arroxo, “con esta actuación queremos saldar unha débeda histórica que o Concello de Lugo ten coa figura de Castelao”.

“Lugo é aínda non conta cunha figura dedicada a unha das persoas máis importantes da historia e da cultura de Galiza”, afirmou o tenente de alcalde

A estatua de Castelao colocarase na rúa da Raíña, en fronte do Hotel Méndez Núñez. Arroxo informou de que a localización escolleuse debido a que “se trata do lugar onde se realizou a cea posterior á I Asemblea Nacionalista de Lugo de 1918, na que Castelao estivo presente”.

O nacionalista vinculou esta actuación ás xa levadas a cabo polas distintas áreas do Goberno municipal, como a restauración das figuras dos escritores e escritoras do centro da cidade ou o traslado do busto de Xoán Montes á praza Maior, “á acción global do Goberno municipal para revitalizar a estética da cidade e encher Lugo de Cultura”.

Comentarios