Aniversario 23 e 24 de agosto

Liceo Mutante: oito anos de músicas á marxe en Pontevedra

As paredes dun vello edificio que foi mesmo igrexa no barrio pontevedrés de Mollavao abeiran, desde hai oito anos, unha das programacións musicais máis avanzadas, orixinais e plurais da Galiza. É o Liceo Mutante, local autoxestionado, que esta fin de semana -23 e 24 de agosto- celebra o seu aniversario.
bala no liceo mutante
photo_camera O grupo galego Bala nun concerto no Liceo Mutante. Foto: Bene Riobó (Galipedia).

vii-aniversario-212x600Entre os centos de bandas, artistas e mesmo proxectos efémeros que pasaron polo escenario do Liceo, hai algúns que manteñen relación singular, especial, co espazo. É o caso de Hevi, cerebro e corazón de Malandrómeda e Fluzo, algo así como rap vangardista. Esta sexta feira será o prato forte da apertura dos festexos. Acompañárano nas táboas “amiguiñas do liceo que lle van facer un all star charanga ensemble”. Antes debutarán os pontevedreses Columna Vegana.

O sábado 24 de agosto, día grande, haberá catro bandas. Todas chegadas de fóra e todas viradas á diferentes variacións punk: Las Morsas, Rata Negra, Sudor e KLS. As entradas para o evento, en forma de donativo á asociación que rexe o Liceo de maneira desinteresada, custan oito euros por xornada ou 15 para as dúas.

Comentarios