Apoia Nós Diario
Se estás lendo de balde este xornal é grazas ás máis de 3.000 persoas subscritoras. A información independente ten un prezo. Apoia un xornalismo galego e sustentábel subscribíndote a Nós Diario ou facéndote mecenas.
Isabel Risco (A Coruña, 1975), actriz de series como 'Padre Casares' ou 'Era visto!', mergulla na historia da Galiza desde o punto de vista feminista, destacando feitos relevantes "mais agochados" protagonizados por mulleres. A obra teatral 'Bravas. A nosa historia con saias e a rachar' trata sobre as cigarreiras do século XIX e busca plasmar un posíbel futuro onde "sexamos totalmente libres". En conversa con 'Nós Diario', Risco destaca que no mundo cómico "aínda quedan pousos retrógrados e resesos" con respecto ao papel da muller neste ámbito.