Fornelos convoca o I premio Lueiro Rey de Xornalismo

Para artigos inéditos, en galego, e no ámbito da denuncia social. 

Lueiro Rey
photo_camera Lueiro Rey

O Concello de Fornelos convoca o I Premio Manuel Lueiro Rey de xornalismo, para artigos inéditos, en galego e sobre o ámbito da denuncia social por ser este, indican os convocantes, o da liña literaria do xornalista e escritor nado neste concello pontevedrés hai 101 anos.

A convocatoria estará aberta até o vindeiro 30 de xuño e as bases poden consultarse na web do concello. Os artigos deberán ter unha extensión de entre 2.500 e 3.500 caracteres e a dotación do premio será de mil euros.

Fornelos que xa ten un premio de poesía co nome de Manuel Lueiro Rey, gañado por autores como Silvia Penas, Eli Ríos, Luís Valle, Marcos Abalde ou Isaac Xubín. A isto engádese o premio de narrativa convocado polo Concello do Grove.

Obra

Lueiro Rey deixou unha importante obra literaria, tanto en narrativa coma en poesía, escribiu tamén infinidade de artigos que publicou en diversos medios, tales coma, o semanario Litoral o País de Pontevedra, Diario de Pontevedra, Faro de Vigo, Hoja del Lunes,  A Nosa Terra, etc.

Con este premio de Xornalismo, o concello de Fornelos aposta en “seguir divulgando a figura e a obra do escritor nacido en Fornelos”.

Comentarios