Que facer?

A fin de semana trae teatro, poesía, música e pintura

Seso Duran
photo_camera Seso Durán

Literatura Portuguesa na Galiza

Vigo/Compostela

Sexta feira

Começada esta quinta feira, conclui este 22 de fevereiro uma nova edição de "Caminhos da Literatura Portuguesa na Galiza", organizada pelo Camões-CCP-Vigo, que nesta edição conta com a presença da prestigiada escritora portuguesa Lídia Jorge. Os encontros com a autora Lídia Jorge serão na quinta feira em Vigo, no Centro Cultural do Camões, I.P.; e na sexta em Santiago de Compostela, às 09 horas na EOI, e às 11 horas na Faculdade de Filologia USC.

 

Dúas donas que bailan

Carballo

Pazo da Cultura

Sexta feira

21.00h

Teatro do Atlántico presenta con esta obra un auténtico agasallo teatral protagonizado por dúas mulleres fortes que se enfrontan ao alzhéimer. Unha peza adobiada de humor cru.

 

Exposición

Allariz

Fundación Vicente Risco

Sexta feira

22.30h

Inauguración da exposición de pintura de Jesús Díaz Ferrer 'Crónica de maio. París 1968', coa presenza do comisario. Servirase un viño, cortesía da Fundación.

 

Certame Vilariñas

Guitiriz

Escola Habaneira

Sábado

19.00h

A Escola Habaneira de Guitiriz acolle o acto de entrega de premios do #CertameVilariñas2018. O evento, conducido por Moncho Bouzas, hoxe membro da NPG Nova Poesía Guitirica, contará coa participación do homenaxeado, Alfonso Blanco Torrado, as poetas Luz Campello, Branca Villar, María Pereira, Xelo Teijido, Fátima Fernández, Emilia M. Fuentes, Pilar Maseda e a recentemente galardoada co premio Galiza de Cultura, na modalidade de artes, Luz Darriba. Tamén participarán a cantautora Sandra Tenreiro, as gañadoras Beatriz Dourado, Mila Villanueva e Cris Amoedo e as nenas Simona, Zeltia e Clara.

 

In desmemoriam

Lugo

Centro Cultural O Vello Cárcere

Sábado

20.30h

Sinovas Teatro presentan a obra In desmemoriam, un working progress creativo que acolle o Vello Cárcere de Lugo.

 

Elsinor Teatro

Outeiro de Rei

Casa Museo Manuel María

Sábado

20.30h

Elsinor Teatro presenta “O palco e as lúas”, escrita e dirixida por Manuel Lourenzo e composta por catropezas breves: Zanzíbar, Postulantes, Noite pecha e A terraza.

 

Seso Durán en concerto

Bueu

Aturuxo

Domingo

20.30h

Seso Durán en concerto co seu disco Son da memoria, que xira arredor da historia após o golpe de estado de 1936, especialmente nas comarcas de Pontevedra, O Morrazo e Vigo.

 

Vida de cans

Cee

Auditorio da Casa de Cultura

Domingo

20.00h

Peza teatral dun texto de Cándido Pazó, que el mesmo dirixe, e que conta en escena con Dani Trillo, Toño Casais e Artur Trillo.

 

As cores da vida

San Sadurniño

Casa do Concello

Até 28 de febreiro

O artista Antonio Quintía presenta con “As Cores da vida” unha escolma coas súas mellores obras: retratos, paisaxes e escenas da vida cotiá que pinta con cores vivas, as cores da vida que el leva á táboa e ao lenzo por medio do óleo. A mostra pode visitarse na Casa do Concello de San Sadurniño, nos horarios habituais de apertura, de 8.30 a 14.30 horas, de segunda a sexta feira.

Comentarios