Que facer?

Compostela acolle esta fin de semana o XXIII Festival Internacional de Títeres Galicreques

galicreques
photo_camera Imaxe dunha edición anterior do festival internacional de galicreques

Festival Nos Seus Pés

O Grove

Diversos espazos

Sexta feira e sábado

Este festival solidario inclúe unha mostra de fotografía e audiovisual do fotoxornalista Santi Palacios. O sábado arranca cunha andaina popular e sesión vermú con Os Firras e Folk de Coiro. A tarde comeza con espectáculos de humor e teatro para as crianzas da man de Peter Punk e o colectivo Pallasos en Rebeldía, e continúa cun coloquio co médico, escritor e activista palestino Mohamed Safa. Xa a partir das 21 horas, concertos a cargo de Blues do País, O Puto Coro do Exército Froilanista, Tony Lomba, The Jeggas e Banana Bahia Music.

X Certame Musical Fran Pérez Narf

Santiago de Compostela

Sala Sónar

Sexta feira

21h00

As finalistas Néboa, Su Garrido Pombo, Zumaque Trío, Oh! Ayatollha e A banda da Loba estarán arroupadas por Sondarúa como grupo convidado.

Zoúpalle Festival II

Vigo

A Farándula

Sexta feira

22h30

Noitada co Irish Folk de Brian Brody, o folk máis punk de Tecor Societário e o acústico de Ruxe-Ruxe da man de Vituco Neira.

Cunca e nécora expertxs

Pontevedra

Cidade

Sábado

12h00

Xincana turística para coñecer dunha forma divertida a historia da Boa Vila, co patrimonio e a gastronomía como fío condutor. As persoas interesadas deben inscribirse en [email protected]

X Xornada de Cultura Popular Galega

San Sadurniño

Casa da Cultura

Sábado

A xornada“Raparigos no seu tempo”, organizada por Berros do Castro, afonda na tradición musical galega e homenaxea a Raparigos no seu 50º aniversario. A programación inclúe un obradoiro co gaiteiro Xaquín Xesteira “Xocas”, no cal se tratarán distintas técnicas interpretativas con gaita de fol (previa inscrición) e concertos a partir das 20 horas cos Faíscas de Solobeira (Cambados), a asociación cultural Donaire (A Coruña) e o propio Xesteira.

V Mercado de Artesanía e Produto Local

Vilar de Santos

A Praza

Domingo

Unha xornada con postos de produto local e artesanía, obradoiros de cestería e malabares para crianzas e maiores, concerto A Casa do Terror con Xoán Curiel e foliada.

Xograr de Outono 2018

Carballo

Pazo da Cultura

20h30

Domingo

Acto de entrega do galardón a Manuel Lourenzo no FIOT para recoñecer este referente do teatro en Galiza, unha das persoas imprescindíbeis para a creación do teatro galego.

XXIII Festival Internacional de Títeres Galicreques

Compostela

Diversos espazos

Até o domingo

Última xornada de funcións con “En una canasta”, de Ulularia Teatro; “Benedito no pilão”, de Sobrevento; e “Títeres de Cachiporra”, de Teatro Arbolé.

Comentarios