O Festival Sinsal xa ten á venda ás entradas para o seu “cartel secreto”

Mercar as entradas cos ollos pechados. Esa é a proposta anual do Festival Sinsal Son Estrella Galicia, que pon á venda as súas entradas en bonos sen dar a coñecer o cartel. A garantía? A calidade dos programas anteriores. 

Festival Sinsal
photo_camera Festival Sinsal

O público do Festival Sinsal Son Estrella Galicia xa está afeito a mercar as entradas sen saber para que concertos. A marca da organización avala o festival que se desenvolverá na illa de San Simón os días 24, 25 e 26 de xullo e que promete propostas de calidade para tres xornadas de música nun espazo singular. 

Pódese ir unha xornada, as dúas ou mesmo as tres en en cada unha delas o que está garantido é o encontro con diferentes artistas e bandas que integrarán o programa do que nada se sabe aínda. Entradas e bonos están a venda en www.ticketea.com. As 100 primeiras persoas que merquen as entradas terán redución nos prezos dos bonos. 

Catro concertos exclusivos a sexta feira, seis e dúas sesións de DJ o sábado e outros catro o domingo son as propostas deste ano do singular festival que oferta actividades para público familiar no seu último día. 

Rock, electrónica e wold music

Anuncian experiencias únicas nun dos poucos festivais que se desenvolven durante o día e ao que hai que chegar en barco. Maiormente, serán artistas que visitan por primeira vez a Galiza, nomes que non tardan en formar logo parte de grandes festivais e concertos de todo o mundo. Rock, electrónica e world music son os pratos principais dun menú que ten na sorpresa unha das súas condicións e do que só poderán gozar 800 persoas, o público máximo permitido na illa. Os concertos comezarán a sexta feira ás 16.30 e sábado e domingo ás 13 horas e o prezo das entradas por xornada van de 30 a 45 euros por día. Máis información na web http://festival.sins.al/. Pódense mercar as entradas en https://www.ticketea.com/entradas-festival-sinsal-san-simon-2015/

Para facerse unha idea do que pode ser o novo Sinsal, é bo lembrar que no pasado ano actuaron no festival Throwing Shade, Xenia Rubinos, Oso Leone, Jagwa Music, Frikstailers, Bel Bee Bee, Jambinai, Chelsea Wolfe, Ginger & The Ghost, Jacco Gardner, Blam De Lam, Wire, Mdou Moctar, Why Go, Apenino, Caspervek e Trilitrate.

Comentarios