O Festival RIR celebra en Allariz a súa sexta edición en setembro

Manuel Manquiña recibirá o premio RIR Contigo.
Presentación do Festival RiR, onte, en Allariz
photo_camera Presentac

Entre os días 4 e 9 de setembro, Allariz será o escenario dunha nova edición do Festival RiR (Festival Internacional de Curtametraxes de Comedia). 

Zinemusik e Escena Sonora, coa colaboración do Concello de Allariz e a Deputación de Ourense, son os organizadores deste Festival Internacional de Curtametraxes de Comedia. Curtas de humor de diferentes países e actividades paralelas, como espectáculos teatrais e musicais, farán que os espectadores poidan gozar ao máximo deste evento. Este ano recibíronse un total de 268 curtametraxes de comedia, das cales 41 estarán finalmente na Selección Oficial.

Este ano o festival amigo convidado será o Festival de Cine de Comedia de Tarazona e o Moncayo, un dos máis importantes do Estado español, representado por Carlos Gurpegui Vidal, coordinador de comunicación e imaxe do festival. Entre os méritos do seu currículo está ser membro da Academia das Artes e Ciencias Cinematográficas estatal e un dos organizadores dos Premios Feroz.
 

 

Manquiña, premio RIR Contigo

O xurado, como revelou a organización na mañá de onte, estará composto por tres membros: Elena Seijo, actriz ourensá, Machi Salgado, actor ourensán e Goize Blanco, actriz vasca. Estas tres persoas serán as encargadas de elixir as curtas gañadoras desta edición. 

Outra parte do festival é a entrega do premio RIR Contigo, que se outorga para premiar traxectorias dedicadas á comedia, e que este ano se outorga ao actor galego Manuel Manquiña. En edicións pasadas foron premiados Carlos Blanco, Luis Davila, Xosé A. Touriñán e Isabel Risco, esta última na anterior edición.

 

Comentarios