O festival Maré renderá homenaxe a Kepa Junquera

Novas incorporacións ao cartel do encontro.
Abraham Cupeiro
photo_camera Abraham Cupeiro

O Festival Maré, que terá lugar en Santiago de Compostela entre esta cuarta feira 20 e o domingo 24 de setembro, anuncia a incorporación de novos artistas ao seu cartaz, así como o tributo Celebrando a Kepa Junkera. 

Moitos artistas que se incorporan á programación de Maré, forman parte dos contidos do Proxecto Europeo MATE, un proxecto que une Galiza, Coimbra (Portugal) e Tesalónica (Grecia), deseñado para fomentar o intercoñecemento, a formación e a titoría e creación de empresas no ámbito das industrias culturais. Dentro do proxecto MATE estarán representadas no marco do Festival Maré propostas musicais como a dos cataláns Paul Battlle e Rita Payés ou os ritmos populares da Península Ibérica de Fetén Fetén, con convidados como Guadi Galego, Xosé Lois Romero e Pedro Pascual. 

 

Tributo a Kepa Junquera

O Festival Maré programará un tributo ao músico vasco Kepa Junkera, que en 2018 sufriu un ictus que lle obrigou a retirarse dos escenarios e que se achegará a Compostela o día 24 para presentar no Salón Teatro Berpiztu, o filme dirixido por Fermín Alo, sobre este proceso. Maré tamén programará unha Éromeríak, de tributo a Junkera, coa actuación da Banda das Crechas e convidados. 

O 24 de setembro, haberá unha gran xornada musical na Praza de Mazarelos pola que pasarán o afrobeat dos galegos Macheta Suprah Sound, o grupo entre o folk e a electrónica de Antía Ameixeiras, Cibrán Seixo e Migui Carballido ou Mundo Prestigio, a banda que acompaña ao músico Carlangas. 

O programa completarase coa proposta marroquí Aïta mon amour, a música improvisada de Molimo ou o contundente ska-reagge de Brinkadelia Troup. O multiinstrumentista Abraham Cupeiro, actuará na Praza da Quintana coa Banda Municipal de Santiago.

Comentarios