Este sábado, en Ferrol

Unha festa para celebrar unha “Rosalía viva”

A Sociedade Cultural Medulio organiza o espectáculo escénico musical, que terá lugar na fundación Torrente Ballester o próximo sábado 24 de febreiro ás 18 horas

Grupo de Teatro de "Medulio"
photo_camera Momento dunha actuación do grupo de teatro da Medulio

Música, poesía e sentimento. Estes son os ingredientes para a receita que ofrecerá o próximo sábado a Sociedade Cultural Medulio na fundación Torrente Ballester, en Santiago de Compostela. Seguindo a súa tradición anual, a entidade conmemora o nacemento de Rosalía de Castro dando a coñecer a súa obra. Este ano, a celebración terá a forma dun espectáculo dramatizado e musicalizado no que serán escenificados varios poemas das súas obras Follas Novas e Cantares Gallegos.

O evento é posíbel grazas á aportación do Grupo de Teatro da asociación, do cantor Xoán Padín, da cantora Lidia Piñeiro e dos músicos Moncho de Orzán -acordeonista-, Alberte Maceiras -gaiteiro- e Nélida Santiago -violinista-. Estes últimos interpretarán música orixinal, creada especialmente para a ocasión, no caso dos poemas Daquelas que cantan as pombas e as flores…, No ceo, azula clarísimo…, Vamos bebendo e Por que, na miña almiña. Por último, a peza Alborada de Cantares Gallegos será interpretada seguindo a partitura orixinal para a que Rosalía elaborou o texto.

A Sociedade Cultural Medulio convida todas as persoas interesadas a participar neste festexo que celebra “unha Rosalía viva que, alén de nos amparar, emociona, esperta, alegra e divirte”.
 

Comentarios