Esta sexta feira (4 de setembro) a sala Capitol (Compostela) acolle un concerto. Digamos máis ben unha lenda. Unha liña de fuga contra o estado das cousas. Unha acción. Das Kapital detonou hai 5 anos contra o relato asumido e foi unha onda expansiva para derrubar toda esperanza. 'A esperanza é a desculpa dos negros covardes para non facer nada agora', aclaraba un graffitti no Detroit que ardía en disturbios rabiosos a finais dos '60.
O século XXI tamén acobillará disturbios, fillos de disturbios, pais de disturbios, consciente de que debe un golpe á historia. Das Kapital teceu ruido, poesía, discurso para nos advertir da evidencia da nosa época: imos perdendo por goleada.
Amamos Das Kapital porque amamos o fermoso e anoxado adolescente grego que, passoliniano, cuspiu nunha rúa de Atenas en plena greve a Toni Negri: 'Odiamos a túa tepidez, vello'. É o derradeiro baile de guerra. E non está permitido facer prisioneiros...
O concerto comezará ás 22:00 horas.