Denuncian o"estado de abandono" do parque arqueolóxico de arte rupestre de Campo Lameiro

Solicitan que se "exercite a competencia xurídica" para coidar o patrimonio con medidas de restauración e mantemento e poñen de manifesto o "desleixo das funcións da Xunta e do concello"
Un dos petróglifos da Laxe dos Carballos, en Campo Lameiro.
photo_camera Un dos petróglifos da Laxe dos Carballos, en Campo Lameiro.

O grupo municipal da formación PorVir de Campo Lameiro denunciou o "estado de abandono" no que se atopa o parque arqueolóxico de arte rupestre.

Nun comunicado, o partido político criticou o estado do parque, que dende o seu inicio pretendía ser un equipamento cultural creado pola Xunta co obxectivo de xerar un modelo de xestión integrada que "satisfese o equilibrio necesario" entre conservación, investigación e e divulgación dos petróglifos da Galiza.

Ademais, lembrou que o concello de Campo Lameiro está considerado a capital da arte rupestre desde 1974 e a pesar de que "nin Xunta nin concello tomaron medidas acordes con tal réxime" para a protección dos petróglifos.

 

Estado de abandono

Así, denunciou a situación da Laxe dos Carballos, que semella "un composteiro" na súa parte baixa, "pedras soltas" na vía de acceso ás principais estacións de rocha, o "estado de abandono" das zonas de descanso e en a recreación da aldea da Idade do Bronce, unha cabana "está a piques de derrubarse".

Por iso, o grupo solicitou que "exerciten a competencia xurídica" para coidar o patrimonio con medidas de restauración e mantemento e puxo de manifesto o "desleixo das funcións da Xunta e do concello", entre outras peticións.

 

Comentarios