O BNG calcula que cada día que a Cidade da Cultura está aberta custa 27.000 euros. Unha cifra que extraen dos propios orzamentos da Xunta. 27.000 euros diarios que non van “para apoiar a cultura galega”, enfatizaron os nacionalistas.
O BNG desvelou custos coma o do concerto de de Björk, con 500.000 euros, ou do Circo do Sol, con 215.000. Indicou que a exposición Gallaecia Petrea tivo un custo de 1,1 millóns de euros.
O concerto de Björk custou 500.000 euros; o Circo do Sol, 215.000 euros; e a exposición Gallaecia Petrea, 1,1 millóns de euros
A deputada Ana Pontón anunciou que a fronte nacionalista vai pedir toda a información relativa a contratos e facturas da CdC desde que abriu as portas, así como tamén o acordo polo que a Xunta decidiu paralizar a construción dos edificios que faltan por facer.
Neste punto, a parlamentar sinala que o BNG quere coñecer a fondo o acordo e pactos entre Xunta e empresas adxudicatarias por parar as obras. A fronte tamén valora pedir unha “auditoría completa” ao Consello de Contas.