Catro galegos, a polo premio nas diferentes categorías a mellor actor nos Goya 2021

Luis Tosar, Celso Bugallo, Javier Gutiérrez e Chechu Salgado, nominados nos Goya 2021, a mellor actor, mellor actor secundario e mellor actor revelación. 

luis tosar

El buen patrón, a película de Fernando León de Aranoa protagonizada por Javier Bardem, é a favorita na próxima edición dos premios Goya ao arrasar nos anuncios de candidaturas optando a 20 figuras de diferentes categorías.

Desta maneira, a cinta de León de Aranoa convértese na película máis nomeada na historia destes premios, superando á anterior película que ostentaba este récord -'Los días contados', de  Imanol  Uribe, con 19 candidaturas-.

A cinta de León de Aranoa optará ao Goya nas principais categorías (película, dirección e  guión orixinal), ademais de contar con Bardem como candidato a mellor actor protagonista.

Un galego, Celso Bugallo, optará a un Goya por mellor actor de reparto no marco deste filme.

A 'El buen patrón' séguelle ' Maixabel', a cinta de  Icíar Bollaín protagonizada por Luís Tosar e Branca Portillo -ambos tamén con nomeamentos-, que optará a 14 ' goyas'.

A isto hai que engadir máis nomes, como o do actor ferrolán Javier Gutiérrez, candidato a mellor actor por ‘La Hija’ ou Chechu Salgado, por Las leyes de la frontera, candidato ao mellor actor revelación

O xornalista Ángel Suanzes lembra que a presenza galega nestas nominacións está nos actores (Bugallo, Salgado, Tosar e Gutiérrez), a animación (Valentina e The monkey), a música (Zeltia Montes) e as 2 (guión e son) da produción galega Tres

A gala dos Goya 2022 terá lugar o próximo 12 de febreiro no Palau de lles Arts de Valencia como homenaxe ao Centenario de Luís García  Berlanga. Á 36 edición dos Premios Goya optaron un total de 160 películas estreadas no Estado entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2021. Destas 160 producións, 82 foron de ficción, 74 documentais e catro de animación.

Comentarios