'O Canteiro de Sebil' volve a Compostela

O director César Camarés proxecta esta sexta feira 29 de novembro, ás 20.30 horas, o seu documental sobre Xohan Xesús González, no Espazo Enocultural Vide-Vide (Compostela).
Fotograma de «O canteiro de Sebil»
photo_camera Fotograma de «O canteiro de Sebil»

A Asociación Cultural O Galo proxecta esta sexta feira 29 de novembro o documental O canterio de Sebil. Xohan Xesús González. Será ás 20.30 horas no Espazo Enocultural Vide-Vide, coa intervención de Cesar Caramés, director do documental que tamén investigou e publicou sobre Xohan Xesus González, e Marcos Seixo, asesor do filme e autor de varios estudos esta figura.

O documental céntrase no traballo de Xohan Xesús González, canteiro que se converteu en abogado e desenvoveu durante a II Republica un rol politíco-social do mais senlleiro. Foi dono (con Cuadrado) da libraría Nike, estivo ao fronte do «Terzo de Calo», o batallón que tratou de parar en Santiago o golpe de estado de 1936, e morreu asasinado en Boisaca moi poucos meses despois de comezada a guerra civil.

Comentarios