venres 28/01/22

Cancelan un concerto de Mónica de Nut en Sanxenxo porque "a música non era acaída"

A nova fíxose viral nas redes sociais após un coñecido bar de Sanxenxo dar por cancelado o espectáculo pouco despois de comezar. Vídeo no interior.

Mónica De Nut e Virxílio da Silva
Mónica De Nut e Virxílio da Silva

"Hoxe non nos deixaron tocar no Dux de Sanxenxo. Na terceira canción paráronnos e o público que nos veu ver quedou sen concerto. Todo recollido... e coa música a outra parte". Así explicaba a cantadora Mónica de Nut a súa saída do coñecido bar de Sanxenxo onde participaba xunto con Virxilio da Silva no ciclo de jazz organizado por unha sonada marca de cervexa. 

Axiña comezou a moverse nas redes sociais a nova de que o propietario do estabelecemento enviara dous traballadores ao escenario para pedir que o grupo abandonase o local. Só tocaran tres cancións e o público e @s artistas ficaban [email protected] As razóns argüídas polo local baseábanse en que a música de Nut e Da Silva "non era acaída" ao perfil do estabelecemento. 

O Dux, xa é coñecido pola súa actitude, mesmo racista. E é que o bar foi denunciado por impedir a entrada a un cliente africano en base á "política dos xefes", afirmaron no seu momento [email protected] do local. Segundo o cidadán ao que lle foi impedido o acceso os porteiros afirmaran que "os negros dan moi mala imaxe". 

O bar foi denunciado no seu momento por impedir o acceso dun cidadán africano ao que lle dixeron "os negros dan mala imaxe"

Desde o portal de información GzMúsica --onde foi narrado inicialmente o acontecido-- atribúen a decisión do dono ao estilo musical de Nut e Virxilio da Silva --que fusionan jazz con música tradicional galega, nun espectáculo que experimenta da man de cancións populares-- mais tamén a se tratar dun grupo cuxo repertorio se atopa integramente en galego. 

Após a repercusión ue tivo nas redes sociais, foron centos as persoas que amosaron publicamente o seu apoio ao grupo e criticaron a actitude do bar. Pola súa banda, o Dux saiu do circuito de concertos mais descoñécese se a decisión partiu da empresa ou da organización do festival, como mostra de rexeitamento polo acontecido. 

Porén, dúas das artistas que facían parte da programación inicial, Ángeles Dorrío e Coralie Yap-Chine, avanzaran horas antes que non tocarían no Dux e amosaron o seu apoio a Mónica de Nut e Virxílio Da Silva.

A información galega está na túa man!

Subscríbete ao noso boletín de novas.

Date de alta de balde e recibirás unha selección dos nosos artigos para saberes o que acontece.

Cancelan un concerto de Mónica de Nut en Sanxenxo porque "a música non era acaída"
comentarios