Cando se fai o centenario da creación das Irmandades da Fala, a Agrupación Cultural Alexandre Bóveda e a Asociación Socio-Pedagóxica Galega organizan un campeonato de trivial na rede que conmemora unha das efemérides máis relevantes da historia do país.
No campionato, que se desenvolverá entre o 18 e o 28 de maio, poderán participar todas as persoas que o desexen. Para se inscribiren (até o propio día 18), só terán que cubrir os dados que se recollen na ficha de inscrición e de non ser aínda usuarias do trivial, terán que cubrir a ficha de rexistro.
O nivel de dificultade é medio e disputaranse seis temas. Así, haberá unha temática obrigatoria para todos e todas, a das Irmandades, e as cinco restantes serán da elección do xogador ou xogadora. O tempo máximo para xogar será de 300 minutos e haberá premios de entre 30 e 90 euros para os cinco primeiros postos.
Toda a información na seguinte ligazón.