venres 24.01.2020

Begoña Caamaño, María Reimóndez e Xurxo Souto , finalistas nos Premios da Edición

A Asociación Galega de Editores fixo públicos os finalistas aos Premios da Edición nas súas nove categorías. Begoña Caamaño, María Reimóndez e Xurxo Souto son finalistas a mellor autor ou autora do ano. 

libros
libros

Despois de se teren pechado o periodo de votacións a cuarta feira 28 de xaneiro, a Asociación Galega de Editores fai públicos os nomes de libros, autores e autoras e proxectos que concorrerán á nova edición dos Premios da Edición. Será agora un xurado composto por unha persoa do sector das librarías, outra de bibliotecas, outra de medios de comunicaicón ademais dun escritor ou escritora e un editor ou editora quen decidan as opcións gañadoras. 

“O que os diferencia do resto dos que se convocan no ámbito do libro é que premian a escolla da editorial, recoñecendo esa outra parte de autoría que aportan os editores cando elixen os libros que van editar”, explican, desta iniciativa que nace cada ano cunha primeira votación na que participan as propias empresas das candidaturas presentadas, un máximo de tres por categoría e empresa. 

As candidaturas finalistas, segundo a listaxe da AGE, son:

PREMIO ÁNXEL CASAL AO LIBRO DE FICCIÓN 2014

ICARO, de Federico Delicado, Kalandraka Editora. 

A viaxe de Gagarin, de Agústíon F. Paz. Edicións.  Xerais.

Salseiros, de Suso Lista. Edicións Embora.

Sonámbulos, de Suso de Toro.  Edicións Xerais.

Dende o conflito, de María Reimóndez. Edicións Xerais.

PREMIO ÁNXEL CASAL AO LIBRO DE POESÍA OU TEATRO NO ANO 2014

Onde nunca é mañá, de Manuel Álvarez Torneiro, Kalandraka Editora.

Anamnese, de Eli Rios. Sotelo Blanco Edicións. 

Dun lago escuro, de Marta Dacosta. Edicións  Xerais.

Atravesar o fantasma, de Carlos Callón. Edicións Xerais. 

Os privilexios dos sonámbulos, de Pablo Bouza. Alvarellos Editora.


PREMIO ÁNXEL CASAL AO LIBRO DE NON FICCIÓN ANO ANO 2014

O soño galego de Julio Cortazar, de Francisco X. Fernández Naval. Ediciones Linteo

Galleira.Passport. Crónicas viaxeiras do século XXI, de Luís Méndez. Alvarellos Editora

María Barbeito. Unha vida ao servizo da escola e dos escolares ( 1880-1970), de Ana Romero Masía. Baía Edicións.

Á prócura da poesía, de Aurora López e Andrés Pociña. Alvarellos Editora.

PREMIO LOIS TOBÍO Á TRADUCIÓN NO ANO 2014

Cidade de cristal, de Xabier Queipo. El Patito Editorial

Tratado Lóxico-Filolóxico, de Xoán Fuentes Castro. Toxosoutos.

As floriñas de San Francisco, de Dario X. Cabana. Alvarellos Editora.

Ofrenda á tormenta, de Ramón Nicolás. Edicións Xerais.

PREMIO ISAAC DÍAZ PARDO AO LIBRO ILUSTRADO DO ANO 2014

Erik o construtor de soños, de Dani Padrón. Editorial Bululú.

O soño de Esther, de Miguel Ángel Alonso Diz e Luz Beloso. Nova Galicia Edicións.

As floriñas de S. Francisco, de Darío X. Cabana. Alvarellos Editora.

Ovella descarreirada, de Óscar Villán. Edicións Xerais.

O libro dos bicos, de Nuria Díaz. Edicións Embora.

Leviatán, de Ramón Trigo. Kalandraka Editora.

Feroz o lobo, de Leire Salabarria. OQO Editora.

Elefante comillón, de Marc Taeger. Kalandraka Editora.

PREMIO NEIRA VILAS AO MELLOR LIBRO INFANTIL E XUVENIL DO ANO 2014

REO, de Xesús Fraga. Editorial GaLAXIA. 

A fuxida, de Berta Davila. BIBLOS

O soño de Esther, de Miguel Ángel Alonso Diz e Luz Beloso. Nova Galicia Edicións.

Miña querida Sherezade, de Andrea Maceiras. Baía Edicións.

A cociñeira do rei, de Soledad Felloza. OQO Editora.

Non hai berce coma o colo, de Magoia Bodea e outros. Kalandraka Editora.

Escarlatina, a cociñeira defunta, de Ledicia Costas. Edicións Xerais.

Ovella descarreirada, de Marilar Aleixandre. Edicións Xerais.

Xique Xoque, Fiu Fiú+ DVD, María Fumaza. Editorial Galaxia.

Cuca e o abrigo marrón, Patricia Castelao. Edicións Rodeira.

PREMIO XOSEFA IGLESIAS VILARELLE AO MELLOR LIBRO EDUCATIVO DO ANO 2014

Colección Emocións ( 9 títulos), de Mireia Canals/ Sandra Aguilar. Baía Edicións.

Historia da Literatura Galega II. De 1853 a 1916. O Rexurdimento, de Xosé Ramón Penas. Edicións Xerais.

Quen falta?, de Arianna Papini. Kalandraka Editora.

Historia das mulleres galegas. Das marchas nómadas á Marcha Mundial das Mulleres. Baía Edicións. 

PREMIO ROSALÍA DE CASTRO Á INICIATIVA EDITORIAL DO ANO 2014

Serie audiovisual COCORICO. OQO Editora. 

LEMOS,CANTAMOS,GOZAMOS... SEMANA DA MÚSICA INFANTIL NAS FERIAS DO LIBRO DE GALICIA. Editorial GALAXIA. 

Colección Oeste( DIVULGACIÓN &ENSAIO) . ALVARELOS EDITORA

Colección RESCATE.  ALVARLLOS EDITORA

Proxecto europeo Cociña de Contos . OQO EDITORA

PREMIO XOSÉ MARÍA ÁLVAREZ BLÁZQUEZ AO AUTOR/AUTORA OU COLECTIVO DE AUTORES EN LINGUA GALEGA NO 2014

Begoña Caamaño, María Reimóndez e Xurxo Souto  

comentarios