"Arraianos", de Eloy Enciso, gaña en Buenos Aires un premio máis para o novo cine galego

O filme Arraianos de Eloy Enciso vén de ser galardoada co premio "Vanguardia y Género" na sección de innovación e experimentación con novas linguaxes no Festival Intenacional de Cine Independiente de Buenos Aires, Bacifi. O filme de Eloy Enciso fora seleccionada pola crítica como mellor película galega de 2012 e galardoada no Festival de Cine Europeo de Sevilla. 

Rodaxe de Arraianos
photo_camera Rodaxe de Arraianos

Arraianos consigue un novo premio para o novo cine galego ao resultar gañadora co premio "Vanguardia y Género" na sección dedicada á innovación e experimentación con novas linguaxes do Bacifi de Buenos Aires. 

Eloy Enciso comezou este proxecto en que recolle a vida na Raia Seca hai cinco anos. A película ten feitura de documental mais inclúe tamén ficción con actores e actrices afeccionad@s da mesma terra que se recrea na película.

Arraianos é un retrato próximo da vida e do tempo na Raia Seca. Así o ideou o seu director que reparou no primeiro momento na granxa familiar de Meira, en que naceu e en que pasaba temporadas á hora de iniciar o seu segundo film despois de presentar en 2007 Pic-nic.

O espazo literario e histórico do Couto Mixto, a existencia dunha república independente entre Galiza e Portugal pareceulle a Enciso abondo atractiva como para afincar alí a súa película.

Estreada no mes de agosto do pasado ano en Locarno, Suiza, Arraianos de Eloy Enciso en menos mostrouse no Vancouver International Film Festival de Canadá, no Filmfest Hamburg en Alemaña, no Nouveau Cinema de Montreal, no DocLisboa, n Viennale de Austria ou no Festival de Cine Europeo de Sevilla. A película de Eloy Enciso, seleccionada pola crítica galega a través do blogue “Acto de Primavera” como o mellor filme do ano en Galicia.

Comentarios