Antonio M. Fraga gaña o María Vitoria Moreno de literatura xuvenil

O bestiario científico de Anxos Nogueirosa é a novela xuvenil coa que Antonio Manuel Fraga (Nogueirosa, Pontedeume, 1976) vén de gañar a primeira edición do Premio María Victoria Moreno.
 

antonio manuel fraga
photo_camera O escritor Antonio Manuel Fraga.

O xurado do premio, convocado polo Concello de Pontevedra e Urco Editora, salientou a obra de Fraga “pola fortaleza dos personaxes femininos, dotadas dunha afouteza optimista e sen creba”, amais da “introdución do bestiario máxico galego nun contexto histórico no entanto dotado de modernidade”.

Antonio Manuel Fraga é un prolífico e galardoado autor de literatura infantil e xuvenil. Debutou en libro con O castañeiro de abril (2013), premio Merlín. Dentro de coleccións enfocados ao lectorado adulto publicou Querido H. P. Lovecraft (2015) -que foi recoñecido polos premios da Crítica do pasado ano- e A virxe das areas (2017).

A escritora Eli Ríos, a crítica Montse Pena Presas, Carme Hermida en representación do Concello de Pontevedra, Andrea Jamardo por Urco e a alumna de instituto Andrea Martínez foron quen tomaron a decisión respecto do I Premio María Vitoria Moreno de Literatura Xuvenil.

De entre os 31 traballos rpesentados, tamén recomedaron a públicación dos presentados baixo os lemas de Be Water e Irmá Paxaro.

Comentarios