martes 24/11/20

Acordo para afianzar o Pazo de Liñares como referente da cultura castrexa

O convenio asinado entre a Deputación de Pontevedra e o CSIC inclúe a investigación dos castros de Bendoiro, Castrolandín e Montaz.
Pazo de Liñares, no municipio de Lalín (Imaxe: Wikimedia).
Pazo de Liñares, no municipio de Lalín (Imaxe: Wikimedia).

A Deputación de Pontevedra anunciou esta terza feira, 27 de outubro, o acordo co Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) para a posta en valor dos recursos ligados ao Centro de Xestión do Coñecemento Arqueolóxico do Pazo de Liñares, no concello de Lalín, liderado polo Instituto de Ciencias do Patrimonio do segundo.

A partir deste acordo profundizarase na investigación da contorna e interior dos castros de Bendoiro, en Lalín, Castrolandín, en Cuntis, e Montaz, no municipio de Silleda, para afianzar o Pazo de Liñares como a referencia da cultura castrexa na comarca

Esforzo divulgativo

A maiores das prospeccións e excavacións, levarase a cabo un estudo dos materiais, a documentación e produción de modelos 3D, elaborando un Plan Director e impulsando actividades de formación ou divulgación. A vixencia do convenio é dun máximo de 8 meses.

Na presentación do acordo, a presidenta da Deputación, Carmela Silva, subliñou o "valor arqueolóxico indubidábel" deste patrimonio e destacou a importancia do Centro de Xestión do Coñecemento Arqueolóxico de Liñares, cun laboratorio tan "potente" que "soamente podería ser o CSIC o que se involucrase a través 

comentarios