5 receitas galegas fáciles para facer coa rapazada durante o confinamento

A escaseza de fariña e de lévedo en moitos dos supermercados de todo o país é a mellor proba de que a cociña en xeral, e a repostería en particular, é unha das afeccións que máis se está practicando durante este encerro. Por iso, desde Nós Diario ofrecémosche cinco receitas tan doadas como saborosas para que as nais e os pais poidan facer coas crianzas.
ORELLAS BOAS
photo_camera As deliciosas orellas non son só un plato de Entroido (Foto: Nós Diario).

As horas pasan e unha das preguntas que se fai a cidadanía é: "Que facemos con tanto tempo?". Ademais, en moitísimos fogares por toda Galiza a esa cuestión deben engadir a de como entreter ás crianzas, que son dos colectivos que máis están padecendo a dureza do confinamento.

Por iso, mentres o Goberno español non tome unha decisión sobre se autoriza ou non a saída á rúa dos nenos e nenas para dar pequenos paseos, desde Nós diario queremos ofrecervos unha deliciosa alternativa de ocio con cinco receitas galegas fáciles para facer coa rapazada durante o confinamento.

5. Orellas

As máis puristas non conciben facer orellas fóra da época do Entroido, mais esta sobremesa, que ten tantos nomes como preparacións, pódese preparar sen medo durante todo o ano de forma rápida e doada.

INGREDIENTES (para unhas 40 orellas):

  • 2 ovos
  • 150 gramos de manteiga de vaca  
  • 2 botes pequenos de esencia de anís
  • Uns 400 gramos de fariña de repostería
  • Medio vaso de auga morna
  • Azucre

ELABORACIÓN

Primeiro metemos a manteiga de vaca no medio vaso de auga morna para diluíla ben. Batemos dous ovos e incorporámoslle a manteiga xa case líquida. A continuación, incorporamos a esencia de anís e removemos moi ben.

Chega o momento de empezar a incorporar a fariña e amasar. A cantidade de fariña necesaria dependerá tanto da manteiga usada como do tamaño dos ovos, de modo que haberá que ir incorporándoa tamizada e amasando até que quede unha masa elástica. Un bo truco para saber cando está lista é comprobar que se a alisamos sobre a mesa sen fariña non se nos quede pegada.

DOBLADILLO OREJAS

Cando teñamos a masa lista empezamos a estirala até que quede case transparente, e logo imos cortando cada orella individualmente. O tamaño de cada unidade dependerá do noso gusto. En zonas como A Coruña fanse case do tamaño dunha tixola, mentres que no sur de Pontevedra e en Compostela.

Ao ter varias xa cortadas empezaremos a quentar o aceite (non é necesaria moita cantidade, xa que as orellas son moi finiñas) e, cando estea ben quente botámolas. Un truco para que queden máis finas aínda e lles saian eses peculiares ollos que teñen é estiralas un pouco máis coas mans antes de botalas á tixola.

Pois ben, fritímolas ata que estean listas e sacámolas a unha bandexa untada de azucre e, sobre elas, botamos aínda máis azucre. E así até rematar con toda a nosa quenda de orellas. Como xa vos daredes conta, o toque azucrado dáselle ao final da fritura e non na propia masa, o que converte este produto nunha boa sobremesa e tamén nun magnífico acompañante do café ou dunha merenda.

  • Tempo de elaboración: 40 minutos
  • Dificultade: Media
  • Calorías: Altas

DESCOBRE A NOSA SEGUINTE RECEITA, BISCOITO DE NOCES, PREMENDO AQUÍ 

Comentarios