4. Receta de biscoito de noces

A noz é un dos froitos secos máis típicos da Galiza. Con todo, a pesar da abundancia de nogueiras na nosa terra, o seu froito non se emprega demasiado nas cociñas. Esta receita é unha honrosa excepción:

biscoito
photo_camera biscoito

4. Biscoito de noces

INGREDIENTES (Para 4 persoas):

  • 300 gramos de azucre
  • 250 gramos de manteiga
  • 250 gramos de fariña
  • 100 gramos de noces (peso xa sen casca)
  • 4 ovos
  • 1 limón
  • 1 cullerada de lévedo
  •  

ELABORACIÓN:

O primeiro paso para facer este sinxelo biscoito será prequentar o forno a 180º e logo  untar ben o interior do  molde do biscoito cunha noz de manteiga.

Logo mesturamos ben o azucre e a manteiga, para agregar (un a un) os catro ovos a esa mestura. Finalmente, engadimos a raiadura do limón, a fariña e o lévedo, mesturándoo todo moi ben até conseguir unha masa homoxénea.

Con isto, queda listo o corazón do noso biscoito. Só queda  verter esa masa no  molde, cubrila cunha capa de noces,  espolvorear ben co azucre, superpoñer outra capa de noces e metela no forno uns 25 minutos.

Unha vez o biscoito estea listo (saberédelo  cravándolle un escarvadentes: se sae seco, está perfecto) retiramos do forno e deixámolo arrefriar. Desmoldamos,  espolvoreamos con azucre e a papar!

  • Tempo de elaboración: 45 minutos
  • Dificultade: Baixa
  • Calorías: Medias

DESCOBRE A NOSA SEGUINTE RECEITA, LEITE CREME AO ESTILO PORTUGUÉS, PREMENDO AQUÍ 

Comentarios