Nunca Máis lembra "a rebelión dun pobo" en Lugo

Unha mostra fotográfica de oito artistas recupera as imaxes dos días posteriores ao afundimento do Prestige.
Exposición "Nunca Máis. A rebelión dun pobo"

A obra de oito fotó[email protected] que foron unha parte dos moitos ollos que viviron a catástrofe do Prestige conforman a exposición "Nunca Máis, a rebelión dun pobo" que desde o 10 de decembro e até 30 de decembro poderemos ver na Sala de Exposicións do Museo Provincial de Lugo (Praza da Soidade s/n). A mostra, organizada pola Plataforma Nunca Máis, contou co comisariado do historiador Uxío-Breogán Diéguez Cequiel. Realizada como percorrido polos acontecementos daqueles días, comeza cunha lembranza doutras catástrofes que viviu o noso país como foron as do Urquiola, Cason ou Mar Exeo.

Alexandra Cabana, Xan G. Muras, Miguel Muñiz, Alfonso Rego, Xaquin Soliño, Begoña Carballo, Miguel Castro e Xulio Rei, cederon as fotografías sen ánimo de lucro.

Alexandra Cabana, Xan G. Muras, Miguel Muñiz, Alfonso Rego, Xaquin Soliño, Begoña Carballo, Miguel Castro e Xulio Rei, cederon as fotografías sen ánimo de lucro. @s [email protected] quixeron chamar a atención sobre o que aconteceu aqueles días e a contundente resposta da nosa sociedade en todos os eidos. No caso de Xaquin Soliño, por exemplo, recuperan a gran manifestación de Madrid “en branco e negro que era como revelaba eu daquela as miñas fotografias”. Xan G. Muras escolleu para esta mostra aquelas que comunicaban o sentir da xente despois da propia catástrofe. “Non quixen mostrar as de recollida de chapapote e as súas consecuencias, preferín que se vise a resposta social que tivo o noso pobo”.

Na inauguración da mostra participou o creador brasileiro Dai dos Santos, que presentou a "acción instalativa" que leva o nome de 'Tres hilitos á feira'. Este artista recolleu as afirmacións dun dos protagonistas políticos daqueles días e hoxe presidente do goberno español, Mariano Rajoy, coa intención de denunciar aqueles feitos.

Máis en Arte imaxe patrimonio
comentarios