Dous guindastres galegos no censo europeo de estruturas do patrimonio industrial

Grúas de A Coruña e Perlío integran canda a estruturas de Inglaterra, Irlanda, Holanda ou Francia o censo de guindastres portuarios históricos que está a elaborar un grupo de traballo internacional.

Guindastre
photo_camera Imaxe: Adriaan Linters

Estamos no Ano europeo do patrimonio industrial e técnico, o que a Federación de asociacións do patrimonio industrial (E-Faith) aproveita para impulsar iniciativas e proxectos cos que dar a coñecer esta riqueza. Unha das propostas foi a de crear un grupo de traballo en torno aos guindastres portuarios, segundo recolle 'culturamaritima', para elaborar un censo. Un dos primeiros pasos foi activar unha páxina web onde poder consultar o catálogo. Hai estruturas de Inglaterra, Irlanda, Croacia, Holanda...

A web aínda está dando os primeiros pasos e recolle só unha decena de guindastres portuarios, entre eles dous galegos: un na Coruña e outro en Perlío. O coruñés é o coñecido como 'guindastre nº6'. Unha grúa eléctrica que foi consruída en 1909 en Barcelona por 'La Maquinista Terrestre y Marítima' e prestou servizo no porto ata os anos 80. Hoxe está restaurado e situado nun lugar visible na entrada do porto. O outro nguindastre galego que figura é o de Astano. En servizo desde 1972 e construído tamén por 'La Maquinista Terrestre y Marítima'.

O catálogo está en construción, por iso, quen queira, pode colaborar dando a coñecer guindastres históricos.

Imaxe: Tirada da web do catálogo de guindastres. É de Adriaan Linters

Máis en Arte imaxe patrimonio
Comentarios