NOS DOUS PRIMEIROS DíAS DE FESTIVAL

Perto de 10.000 voces corean a música das Revenidas

A auga non impediu que ao redor de 10.000 persoas asistiriran aos dous primeiros días da Festa das Revenidas, volvendo situar Vilagarcía de Arousa na escena musical das Rías Baixas.

rev15 la raiz1

Malia as intermitentes pero intensas chuvias, a organización decidiu manter a programación de hoxe, no que tiveron lugar a sardiñada popular, coas ruadas dos Terribles de Arousa, PerQtores e Fanfarria Taquikardia, e a Gala do Circo Solidaria co Pobo Saharauí, na que participaron Peter Punk, Ale Risorio, Circo Chosco e Bambala.

Na xornada do venres, o trío Poetarras puxo en pé as persoas asistentes. Un dos momentos máis agardados da sexta feira, sinala a organización nun comunicado, chegou co grupo de Gandia La Raíz. A noite da sexta continuou ao ritmo do ska comprometido e imparable de Liska! e coa Banda Bassotti, que subiu as revolucións a carón Ría de Arousa.

A organización salienta que un dos concertos máis especiais foi o de Zoo, que actuaba por vez primeira en Galiza. As bandas consolidadas no rock e ska galegos, Nao e Dakidarría animaron aínda máis as persoas que participaron do festival. A xornada da sexta fechouse con The Eskies.

Máis en Ao vivo
Comentarios