Música na Coruña para achegar un grao de area contra o infanticidio feminino na India

Silvia Penide e Félix Arias protagonizan o vindeiro xoves un concerto solidario da man de Implicadas no Desenvolvemento. Os fondos destinaranse a programas de erradicación do infanticidio feminino e empoderamento das mulleres na India

Silvia-Felix-Concerto-Web

O Centro Ágora da Coruña acollerá o 5 de decembro, ás 20:30, un novo concerto solidario de Implicadas no Desenvolvemento, desta vez será da man de Silvia Penide e Félix Arias que se unen para tocar temas propios e cancións dalgúns referentes musicais dende un punto de vista moi particular. O prezo das entradas é de 5 euros e adquirirse no despacho de billetes da Praza Ourense, por televenta a través de Servinova ou na propia taquilla do Centro Agora dende unha hora antes do concerto.

O obxectivo deste concerto solidario é recadar fondos para os programas de cooperación ao desenvolvemento que nestes momentos Implicadas ten en marcha en Támil Nadu (India).

Solidariedade activa

Por un lado o programa de "Erradicación do infanticidio feminino" en Salem e por outro, o programa de "Empoderamento das mulleres" en Tiruchy, Ademais de dar visibilidade ao traballo que Implicadas fai aquí en Galicia polo que se fará paralelamente ao concerto unha presentación da ONGD. 

Implicadas no Desenvolvemento é unha organización galega de cooperación fundada no ano 1998. Basea o seu traballo na procura da igualdade de xénero como base para o desenvolvemento humano sostible e perdurable. A ONG traballa dende Galicia e tamén en países coma a India e Etiopía, e faino cun marcado enfoque de xénero

Máis en Ao vivo
Comentarios