PÚBLICASE O PRÓXIMO 7 DE MAIO

A cantante Teresa Salgueiro pon letra e música a "O misterio"

O Misterio é o novo disco que Teresa Salgueiro publicará o 7 de maio. Por vez primeira a artista participa na composición das músicas e a elaboración das letras no seu traballo máis persoal.

Teresa Salgueiro
photo_camera Teresa Salgueiro

Mentres o disco non se pon á venda, a cantante fixo a primeira presentación dos temas do seu novo disco en Vila Nova de Gaia e viaxará a países como Serbia ou México antes de comezar a xira por Portugal no mesmo mes de maio. No pasado día 14 de abril, a cantante actuou en Vigo onde tamén presentou o seu disco Misterio.

O álbum foi gravado en agosto de 2011 no convento da Arrábida, nun ambiente de misticismo que se evoca en especial nalgúns dos temas do disco. No disco inclúen mesmo o tema “Elegia” composto sobre un poema de Frei Agustino da Cruz, que viviu nun tempo no convento convertido pola banda en estudo de gravación.

Máis en Ao vivo