O voto por correo poderá depositarse até a sexta feira ás 14 horas

A Xunta Electoral Central decidiu atender a petición de Correos e dar unhas horas máis de marxe para poder depositar o voto postal para as eleccións do próximo domingo. En concreto, ampliou o prazo, que acababa esta quinta feira, até a sexta ás 14 horas. A empresa solicitara esa ampliación para poder facilitar a xestión das reexpedicións das documentacións electorais ás persoas que indicaron na súa solicitude un enderezo de entrega e logo pediron recibir as súas papeletas noutro distinto. Segundo os datos ofrecidos polos sindicatos, até 91% dos máis de 2,6 millóns de persoas que solicitaron esta modalidade de voto xa exerceron o seu dereito, e esta mañá aínda había unhas 170.000 documentacións electorais pendentes de ser recollidas polos electores nas oficinas postais.
Traballador de Correos na praza do Obradoiro, en Santiago de Compostela. (Foto: Europa Press)
photo_camera Traballador de Correos na praza do Obradoiro, en Santiago de Compostela. (Foto: Europa Press)
Comentarios