Albuquerque, presidente de Madeira polo PSD, imputado nun caso de corrupción

O líder do Goberno da Madeira (Portugal), Miguel Albuquerque, do Partido Social Democrata (PSD), foi imputado nunha operación anticorrupción, informou na madrugada desta quinta feira o luso Público. Amais, foi detido Pedro Calado, alcalde de Funchal (PSD) e considerado o sucesor de Albuquerque. O Jornal de Notícias subliñou que un ex socio do presidente recibiu 58 millóns de euros en contratos públicos da rexión entre 2015 e 2020.
Miguel Albuquerque, mandatario madeirense, o pasado ano. (Foto: Goberno de Portugal)
photo_camera Miguel Albuquerque, mandatario madeirense, o pasado ano. (Foto: Goberno de Portugal)
Comentarios