Xela Arias

xela arias - foto aelg
15 de agosto, Día das Galegas nas Letras da Sega

Celebrar a poesía á intemperie de Xela Arias

Apenas catro libros publicados entre 1986 e 2003 e dous inéditos compoñen a obra completa de Xela Arias (Sarria, 1962-Vigo, 2003), espida e radical, tensa e singular. Abondo para que sexa influínte e reivindicada polas novas promocións de escritoras. As agrupadas na plataforma de crítica feminista A Sega celébrana este 15 de agosto en Vigo: é o Día das Galegas nas Letras.
Uxi_a-Castro_IMG_1180
María Xesús Nogueira

“A poesía de Xela Arias non está asimilada pola crítica académica”

Algunhas poetas rebélanse contra o canon. Foxen da corrente dominante e, aos poucos, constrúen territorios de seu. Foi este o caso de Xela Arias (Sarria, 1962-Vigo, 2004) a respecto da poesía da Xeración dos 80. Deféndeo a profesora, crítica e antóloga María Xesús Nogueira (A Estrada, 1968) na Introdución á Poesía reunida (1982-2004) (Xerais, 2018) de Arias. Eis un extracto da entrevista publicada no número 335 do semanario Sermos Galiza.

xela arias
Galega nas Letras da plataforma A Sega

Xela Arias, a poeta que “arrasou os marcos”

A poeta “arrasou os marcos” e “desbotou as imaxes para quedar coas palabras”. “A treboada apoiada no permanente espello”. Transgresora e transcendete. Así é a poeta Xela Arias para a plataforma de crítica literaria feminista A Sega, que a honrará este ano coa distinción Galega nas Letras.
 

xela arias - foto aelg
Críticas feministas renden homenaxe a Xela Arias

"Poeta independente de seu e agasallo para todas"

A plataforma de crítica literaria feminista A Sega e a libraría compostelá Chan da Pólvora, especializada en poesía, organizan o vindeiro 26 de febreiro unha homenaxe á poeta Xela Arias.
 

xela arias - foto aelg
Xerais reúne a obra pioneira de Xela Arias

A poesía como "trato coa busca da vida"

Catro libros publicados en vida e mais un inédito -Lili sen pistolas, finalista do Esquío en 1986- conforman a poesía toda de Xela Arias. Autora de universo singular e voz anticipada ás novas poéticas dos 90, a editorial Xerais vén de reunir a súa obra poética nun volume.
 

Real Academia Galega
CULTURA

O xiro da Academia: Manuel María, Xela Arias ou Carvalho Calero, para as Letras 2016

A Real Academia Galega dá un xiro cos tres nomes das candidaturas das que, o vindeiro 4 de xullo, sairá a que se lle dedicará o Día das Letras Galegas. Se o pasado ano, a elección de Filgueira Valverde verqueu duras críticas sobre a institución, desta volta, teñen, pase o que pase, as palmas aseguradas. 

.
CULTURA

A "pulsión" de Xela Arias e Luísa Villalta ao vivo

O número de escritoras e poetas que asistiron á xornada dedicada a Xela Arias e Luísa Villalta organizada pola Comisión de Igualdade do Consello da Cultura Galega, o debate que suscitan as súas obras e a pegada que deixan na nova creación celebran a “pulsión” literaria que manteñen as dúas escritoras. 

xela arias
CULTURA

Á procura dos trazos que nos describan, homenaxe en Vigo a Xela Arias

A Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega, AELG, en colaboración co IES Álvaro Cunqueiro celebra esta terza feira, 11 de marzo, unha homenaxe á escritora Xela Arias, cun dos seus versos por título “a procura dos trazos que nos describan”. 

Xela Arias a dez marzos de distancia

Lembro saber de Xela moito antes de coñecela. Mentres escribo, vólveme a imaxe dela de mañá cedo na cafetaría que estaba ao pé da miña casa. Mirábaa e vía unha muller feita a si mesma, independente, decidida.

Xela Arias
CULTURA

A AELG homenaxea a Xela Arias

“A procura dos trazos que nos describan” é o título da homenaxe que a Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega lle tributará á poeta e tradutora Xela Arias o próximo 11 de marzo en Vigo. 

Xela Arias e Luísa Villalta
CULTURA

As poetas Xela Arias e Luísa Villalta revisitadas dez anos despois

Con poucos meses de diferencia cúmprense dez anos da desaparición inesperada de dúas das poetas máis singulares da  súa xeración. Xela Arias e Luísa Villalta deixaron na memoria unha obra intensa e unha lembranza  viva que agora a Comisión de Igualdade do Consello da Cultura Galega revisita nunha xornada que terá lugar o próximo día 26 de marzo. 

xela arias
CULTURA

Dez anos sen Xela Arias

Os seus poemarios circulan hoxe de man en man, ás veces en exemplares fotocopiados, hai quen aínda consegue dar con algún en librerías de vello, todos, agardan unha reedición. Unha autora que xa cumpre todos os requisitos para ser homenaxeada co día das Letras Galegas, incluso o das obras esgotadas.

Xela Arias
CULTURA

Xela Arias e Luísa Villalta poderían ser candidatas ao Día das Letras Galegas

A única condición que a Academia recolle para a figura á que se lle dedica o Día das Letras Galegas é que leve dez anos morta. Iso acontecerá o próximo 17 de maio coas poetas Xela Arias e Luísa Villalta, dúas mulleres que morreron novas e que lle darían novo impulso á conmemoración.