Vía Galega

mural realización MGS
SOCIAL

Construír Galiza, tamén desde os muros e paredes

Vía Galega convoca a primeira edición do concurso de murais, coa finalidade de fomentar a creación e estender “conciencia nacional”. Os gañadores coñeceranse a mediados de setembro.

Bandeiras nen Balaídos
SOCIAL

Convocan as afeccións a lucir a bandeira nacional galega en #Onosoderbi

"Fagamos do noso derbi unha festa de irmandade e de defensa e afirmación da nosa bandeira nacional. Porque é a bandeira que nos une”, anima nun comunicado a plataforma Vía Galega

Vía Galega 3 de marzo 2
POLÍTICA

Vía Galega mostra a súa solidariedade co pobo catalán "na súa loita pola autodeterminación"

A coordenadora da plataforma social enviou un comunicado aos medios de denuncia da represión que sofre o pobo catalán.

Suso Seixo. Portavoz da plataforma Vía Galega. 6 de marzo de 2018.
Suso Seixo

"Vía Galega diríxese ao tecido social que está na esfera do nacionalismo, mais tamén do galeguismo"

Curtido na loita sindical, Suso Seixo (Curtis, 1952) é un dos referentes públicos cos que se apresentou en sociedade Vía Galega, unha plataforma que nace no seo do soberanismo galego mais con vocación de encontro con expresións do que convencionalmente se coñece como galeguismo. Dúas ideas básicas, case un mantra no discurso de Seixo, impulsan Vía Galega. A primeira, Galiza é unha nación. A segunda, como tal ten dereito á súa autodeterminación. Nesa casa pode ter a súa morada a grande maioría social do país. Esa é a convicción que move a Seixo.

Vía galega
Este sábado, apresentación nun acto en Compostela

Bota a andar a plataforma Vía Galega

A plataforma social en defensa dos direitos nacionais de Galiza Vía Galega xa é unha realidade. Este sábado apreséntase en Compostela. No seu sitio web hai un enlace para quen desexe asinar o seu manifesto.

Rumo propio cara á soberanía


 

OPINIÓN

Editorial: Feijóo, o delegado do Goberno español

Vía galega
A plataforma bota a andar

Vía Galega prepara unha "carta de dereitos do pobo galego" para o centenario da Asemblea de Lugo

Representantes de perto de medio cento de colectivos reuníronse na mañá do sábado en Santiago de Compostela para poñer en marcha Vía Galega, plataforma social para a defensa dos dereitos nacionais de Galiza, que xa ten un amplo calendario de actos e actividades para este 2018. 

POLÍTICA

Sete fundacións preparan o lanzamento da plataforma social Vía Galega

Son do ámbito do soberanismo, contan até o de agora co apoio de 23 colectivos sociais e visan como obxectivo a defensa dos intereses nacionais galegos. Mantiveron xa unha reunión exploratoria o pasado 16 de decembro en Compostela e este sábado teñen axendada unha nova cimeira, tamén na capital do país.