Uzbekistán

Rustam Turdibaev, no seu despacho de Compostela. (Foto: Serxio Pascual)
LINGUA

Rustam Turdibaev, o picheleiro uzbeko que quere o galego

"Un, dous, tres". Ri. "Catro, cinco, seis, sete, oito", entoa para probar a gravadora. Volve rir e recoñece que a partir do nove os números se tornan algo máis complexos. Sabe falar o galego. Mellor, probablemente, do que el admita ou saiba. Ata aquí, o relato pode ser común. Unha persoa de fóra que lle gusta e fala o galego, que vindica o seu uso e, cando a vida se pon fea, percorre as rúas de Compostela nun mapa na súa oficina na procura de folgos. A historia gaña enteiros de rareza no momento no que lle pedimos que se presente e diga de onde vén: Rustam Turdibaev, de Tashkent, Uzbekistán.
Vista de Nukus, a cidade onde están tendo lugar as manifestacións. (Foto: Nós Diario).
INTERNACIONAL

Protestas masivas en Uzbekistán

Un cambio constitucional centralizador provoca a reacción da poboación de Karakalpakistán.